Cianotipia
Cianotipia, unha técnica fotográfica moi antiga que pode converterse nunha actividade #STEAM para 3º e 4º da ESO. Podemos integrar EPVA, Fotografía, Artes, Ciencias, Química, Física... Algas A cianotipia foi inventada en 1842. Un ano máis tarde, a fotógrafa Anna Atkins usa o método para obter imaxes de algas. Publicounas nun libro, que foi o primeiro ilustrado a base de fotografías. Blueprints Durante décadas, arquitectos e enxeñeiros utilizaron a cianotipia para reproducir planos de debuxo técnico, chamados «blueprints» pola característica cor azul de Prusia (tan coñecida polos pintores) que lles confire o proceso químico. Cianotipia e Arte A cianotipia hai moito tempo que foi superada por técnicas máis avanzadas. Pero pode ser unha interesante ferramenta para a experimentación artística. Un exemplo: esta obra de Christian Marclay (Allover, 2008). Tarefa - Busca información sobre o proceso que podes seguir hoxe en día para facer unha cianotipia. Que materiais se nece