Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

Fotografías en serie

Imaxe
Que imos aprender nesta tarefa? Queremos aprender a facer fotografías a partir dun tema ou concepto específico. Intentar aprender a facer boas fotografías nuns poucos días ou semanas é pouco realista. Imos escoller algúns temas específicos, aprender a detectalos e observalos no noso contorno, e no proceso aprender a fotografalos. Non é necesario ter unha gran cámara, as boas fotografías están no ollo do espectador e non na calidade do dispositivo. Evita o flash e intenta iluminar e buscar a luz con intelixencia. Sombras : imos buscar e fotografar sombras e estas sombras deben ser protagonistas das nosas imaxes, poden ser as protagonistas soas ou modificar o significado do noso modelo. Reflexos : imos buscar e fotografar reflexos, como no caso anterior, estes reflexos, o que agochan ou o que amosan, serán os protagonistas das nosas fotos. Os espellos, cristais, metais e auga serán os nosos aliados. Ilusións ópticas : obxectos que se atopan en planos diferentes, pero que ao fotografa

Letras en perspectiva cabaleira

Imaxe
Divide unha lámina DIN A4 en nove espazos. Debuxa en cada un deles unha letra xigante (do maior tamaño posible) e logo dálle volume empregando a perspectiva cabaleira , mediante liñas a 45 graos. Colorea as letras con rotuladores de cor. Traballos do alumnado do curso 2018-2019:

Transformar obxectos cotiáns en arte

Imaxe
Como remate do curso, imos facer unha actividade na que trataremos de explotar ao máximo a creatividade, mediante a imaxinación, o inxenio e o debuxo. Pensaches algunha vez que os obxectos ou a comida que tes na casa poden formar parte dunha obra artística? Non? Pois isto é o que fan algúns ilustradores como Diego Cusano, Jesuso Ortiz ou Javier Pérez. Collen un obxecto normal e corriente, e transfórmano noutra cousa, mediante a súa incorporación a un debuxo. Diego Cusano é un artista italiano que se denomina "Investigador de fantasía" e explora a liña entre imaxinación e realidade. Utilizando a súa creatividade, este artista é capaz de converter obxectos comúns en ilustracións inesperadas que permitan ver eses sinxelos elementos cotiáns desde unha nova perspectiva. «Comecei a ver as cousas desde un punto de vista diferente e desde este novo enfoque comecei a crear as ilustracións que, desde entón, publico cada día nas redes sociais», escribe Diego na súa páxina de Facebook