Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2017

O PROCESO DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Imaxe
Como se fixo o cadro Le café , de Pierre Bonnard Pierre Bonnard, Le café (1915) © ADAGP, Paris and DACS, London 2017 Análise da obra O cadro Le café  é un óleo sobre lenzo pintado en 1915 por Pierre Bonnard . Na pintura, móstrase unha mesa desde un ángulo levemente elevado. Está cuberta cun mantel vermello e branco sobre o que se colocaron unha cafeteira, dúas cuncas brancas e unha bandexa para comida. Unha muller vestida de amarelo vivo senta ao outro lado da mesa, tomando unha cunca de café e volvéndose cara a un pequeno can que está con dúas patas sobre a mesa. Unha segunda muller, vestida de azul, inclínase cara a un vaso sobre a mesa. A composición está enmarcada á dereita por un borde decorativo amarelo, vermello e azul; hai un motivo similar nunha banda de cor situada na parede detrás do can. Na parede do fondo aparece un cadro ou tapiz. A paleta está restrinxida casi por completo a vermello, amarelo, azul, branco e marrón. O negro da bandexa contrasta co mantel