Crea imaxes con distintos graos de iconicidade baseadas nun mesmo tema
Partindo dunha mesma imaxe, podemos facer versións dela, con diferentes graos de iconicidade. ACTIVIDADE A actividade proposta consiste en representar a mesma imaxe con diferentes niveis de iconicidade. PASOS 1. Divide a lámina en 6 partes iguais. 2. Escolle tres das seguintes fotografías. 3. Representa cada unha das imaxes dúas veces, arriba co máximo grao de iconicidade (sombrea e colorea), e debaixo cun nivel baixo (estilo esquemático, só liñas...).