Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

Perspectiva isométrica

Imaxe
A perspectiva isométrica é unha forma de debuxar obxectos dándolles sensación de volume. Faise sobre tres eixes (X, Y e Z) que se debuxan formando 120° entre si. Na imaxe da esquerda tes os eixes debuxados. Na dereita, tes debuxada a perspectiva isométrica dunha peza sinxela, con forma de L. Se lembras de Tecnoloxía as vistas dunha peza, estas chámanse alzado, perfil e planta. Na imaxe da peza en L, o alzado son as caras de cor amarela, o perfil é a cara cor ciano, e a planta son as caras de cor maxenta. Recordemos: PLANTA é o que se ve dende arriba, PERFIL esquerdo é o que se ve dende a esquerda, ALZADO é o que se ve de frente, mirando na dirección da frecha. TAREFA A tarefa consiste en debuxar nunha lámina catro pezas en perspectiva isométrica. PASOS 1. Vai á paxina web  http://www.educacionplastica.net/zirkel/pieza_iso3_00.html . Nesa páxina hai 12 pezas para debuxar na propia páxina. Podes mirar estes vídeos explicando como se fan as dúas primeiras: vídeo da peza n.º 1

Cadeiras de deseño

Imaxe
Simon Berry, Badly designed chair As cadeiras son obxectos que, ao longo dos últimos 150 anos, centraron a atención dos deseñadores industriais. Estudando a evolución do deseño de cadeiras, temos unha visión moi precisa da Historia do Deseño de obxectos, dende que estes comezaron a producirse industrialmente ata a actualidade. TAREFA A túa tarefa consiste en facer un resumo visual con algunhas das cadeiras máis famosas da Historia do Deseño. PASOS 1. Imos ver este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=NkIW5owe54w . En poucos minutos dá un resumo bastante axeitado da evolucion das cadeiras na Historia do Deseño. 2. Busca información sobre CINCO das cadeiras que aparecen no vídeo: nome da cadeira, autor e data de creación. Teñen que ser de autores e de épocas diferentes. Estes son algúns dos termos que aparecen no vídeo (algúns están mal no vídeo): Panton, Jacobsen, Hormiga (Ant), Huevo (Egg), Gota (Drop), Thonet, Memphis, Aalto, Paimio, Eames, Bauhaus. As cadeiras que elixas deben apar

Realización dun storyboard

Imaxe
Que é un storyboard? Consiste en plasmar un guión en debuxos. Os debuxos que se fan durante a planificación (preprodución) dun filme axudan moito na realización dunha película, como ilustra este exemplo dunha escena da película The Mummy , ou estoutro de Lord of the Rings . Partindo dun guión, fanse debuxos de cada un dos planos da película, antes de comezar a rodaxe. O storyboard é a forma de ver cada un dos planos que formarán parte da película, antes de empezar a filmación. Neste vídeo da canle Yo Soy de Cine tes máis información. Tipos de planos cinematográficos e angulacións de cámara Que é un plano ? É o trozo de película que transcorre dende que a cámara empeza a gravar ata que para. Cada vez que hai un corte, comeza outro plano.  Hai algúns planos sorprendentes, como este plano-secuencia da película Sede de mal , un só plano que dura máis de 3 minutos e que require dunha gran planificación. Tipos de plano, segundo o espazo que abarcan (de máis grande a máis pequeno): GPX

Composición abstracta con polígonos regulares

Nunha lámina, debuxa un rectángulo de 220x160 mm. Dentro do rectángulo, debuxa 3 pentágonos regulares, de 35, 40 e 45 mm de lado respectivamente, creando con eles unha composición abstracta. Non borres os trazados auxiliares que empregues na construción dos pentágonos.  Unha vez feitos os pentágonos, repásaos a rotulador fino negro (con regra). Logo, decora e enche con liñas e formas abstractas o expazo exterior dos pentágonos. Non colorees nin debuxes nada dentro dos pentágonos. Emprega lapis de cores ou ceras no exterior das figuras.   Trazado do pentágono, dado o lado:  podes velo neste vídeo .

Proxecto: deseño dun envase

Imaxe
Deseña un envase para unha nova marca de auga mineral. O envase terá forma de tetraedro regular, de 10 cm de lado. Deseña o desenvolvemento, a cor, as letras, o símbolo ou imaxe de marca, o nome da bebida... Podes usar as letras e resto da imaxe dunha marca existente e modificalos para adaptala ao nome da túa bebida. Debuxa o proxecto: desenvolvemento, perspectiva cabaleira, imaxe de marca, memoria descriptiva e xustificativa. Constrúe unha maqueta en cartón. Fai fotos do proceso, hai que documentalo. Entrega Describe o teu deseño no cadro de texto. Fai tres fotos da maqueta con tres angulacións diferentes: picado, normal e contrapicado. Súbeas ao teu Google Drive e envía as ligazóns. ______________________________________________________ Busca información nas seguintes ligazóns: La Hora del Arte La Casa Cromática Packaging en SlideShare